Saltar ao contido

David Ausubel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Ausubel
Nome orixinalDavid Paul Ausubel
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 2008 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Pensilvania
Teachers College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpsicólogo Editar o valor en Wikidata
Influencias
Premios

Descrito pola fontePedagogues and Psychologists of the World (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 41151663 Editar o valor en Wikidata

David Paul Ausubel, nado en Nova York o 25 de outubro de 1918 e finado o 9 de xullo de 2008, foi un psicólogo e pedagogo estadounidense, unha das personalidades máis importantes do construtivismo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Universidade de Nova York,[Cómpre referencia] e foi seguidor da obra de Jean Piaget. Unha das súas maiores achegas ao campo da aprendizaxe e a psicoloxía foi o desenvolvemento desde 1960 dos organizadores de avance.

Na década de 1970 as propostas de Jerome Bruner sobre a aprendizaxe por descubrimento estaban tomando forza. Ausubel considerou que non debía ser presentada como oposto á aprendizaxe por exposición (recepción), pois esta pode ser igual de eficaz, se se cumpren certas características. Así, a aprendizaxe escolar pode acadar unha aprendizaxe significativa ou memorística e repetitiva. Coa aprendizaxe significativa os novos coñecementos incorpóranse de forma substantiva na estrutura cognitiva, ao relacionar os novos coñecementos cos anteriormente adquiridos; pero tamén é necesario que o alumnado se interese por aprender o que se lle está a mostrar.

A aprendizaxe significativa produce unha retención máis duradeira da información, e facilita a adquisición de novos coñecementos relacionados cos anteriormente adquiridos de forma significativa, pois ao estar claros na estrutura cognitiva facilítase a retención do novo contido. A nova información ao ser relacionada coa anterior, é gardada na memoria a longo prazo. É unha aprendizaxe activa, pois depende da asimilación das actividades de aprendizaxe, e persoal, xa que a súa significación depende dos propios recursos cognitivos.

Teoría psicopedagóxica

[editar | editar a fonte]

Ausubel diferenza dous tipos de aprendizaxes: a referida ao modo en que se adquire o coñecemento, e a relativa á forma en que o coñecemento é subsecuentemente incorporado na estrutura de coñecementos ou estrutura cognitiva.

Ausubel rexeitaba o suposto piagetiano de que só se entende o que se descobre, pois tamén pode entenderse o que se recibe. Unha aprendizaxe é significativa cando pode relacionarse, de modo non arbitrario e substancial (non ao pé da letra) co que xa se sabe. Son necesarias dúas condicións: o material de aprendizaxe debe posuír un significado en si mesmo as súas diversas partes deben estar relacionadas con certa lóxica), e debe ser potencialmente significativo para a aprendizaxe (debe posuír na súa estrutura de coñecemento ideas coas que se poida relacionar o material). Para lograr a aprendizaxe dun novo concepto cómpre tender unha ponte cognitiva entre ese novo concepto e algunha idea de carácter máis xeral xa presente. A esta ponte cognitiva chámalle organizador previo, consistente nunha ou varías ideas xerais que se presentan antes que os propios materiais de aprendizaxe para facilitar a súa asimilación.

Aprendizaxe significativa por recepción

[editar | editar a fonte]

Para que a aprendizaxe sexa significativa por recepción, Ausubel definiu varios parámetros, como as características pedagóxicas do profesorado, o papel do alumnado e as súas características, as características e o tipo de material de apoio, a organización do proceso no tempo, as características do currículo escolar, o papel da avaliación no proceso, e os aspectos motivacionais.

  • The use of advance organizers in the learning and retention of meaningful verbal material (1960). Journal of Educational Psychology, 51, 267-272.
  • The Psychology of Meaningful Verbal Learning (1963). Nova York: Grune & Stratton.
  • In defense of advance organizers: A reply to the critics (1978). Review of Educational Research, 48, 251-257.
  • Educational Psychology: A Cognitive View (1978, xunto a H. Hanesian). Nova York: Holt, Rinehart & Winston.